CRTVG

Buscar

González e Rajoy diagnostican a política española: "Necesitamos consensos"

Publicado o 30/09/2021 15:24

Os expresidentes volveron deixar constancia da súa sintonía, e coincidiron en lamentar, precisamente, a falta de consensos na política española actual, que exemplificaron no Consello Xeral do Poder Xudicial. Defenderon a vixencia da Constitución, e amosáronse reacios a reformala neste momento de polarización. Canto a Cataluña, González e Rajoy ven con escepticismo o diálogo e os seus efectos. 

"Hai que negociar e dialogar no marco do Constitución, e nese marco non existe nin aministía nin autodeterminación", dixo González. "Creo que agora non declaran a independencia porque viron o que sucede: que o Estado ten instrumentos para defenderse", explicou Rajoy.

Canto á economía, coincidiron en destacar a importancia de xestionar ben os fondos europeos e pediron seguridade xurídica.

"O que funciona non o cambies. Se se buscan algúns consensos, e se conseguen, que comprendo que non é fácil, optimista non, pero son prudente alegre", di Mariano Rajoy.

"Acaba de expresar un pensamento confuciano: o que vai ben, adóptalo, e o que vai mal, corríxelo. Creía que era Confucio, pero era galego", concluíu González.

Noticias web

30/09/2021