CRTVG

Buscar

Gondomar, con 252 casos por 100.000 habitantes, pasa de nivel de restricións medio a alto

Publicado o 02/05/2021 21:03

37 positivos en coronavirus elevan a incidencia do Concello de Gondomar ata os 252 casos por cen mil habitantes. Esta cifra fai que o municipio entre, desde as doce da noite do domingo, nun nivel de restricións alto. Únese á situación que xa tiñan na área sanitaria de Vigo Ponteareas ou Salceda de Caselas.
 
A hostalaría de Gondomar volve dar un paso atrás. Xa non se poderá servir no interior dos locais e as terrazas exteriores terán que reducir o aforo á metade da súa capacidade.

O nivel alto de restricións correspóndelle aos concellos cunha incidencia entre os 250 e os 500 casos por cen mil habitantes.