CRTVG

Buscar

Gominolas sen azucre e veganas que se venden en farmacias galegas

Publicado o 15/02/2020 15:48

Logo de emigrar a Chile, unha parella de galegos acaba de regresar a Galicia para montar o seu innovador negocio. Uunha empresa de gominolas sen azucre e veganas que xa están vendendo en farmacias galegas e noutros pequenos establecementos. 

Mercedes e Jorge conseguiron voltar a Galicia e vivir a escasos metros desta praia que tanto lles gusta. As súas tres fillas son as mellores fans das larpeiradas sen azucre ou veganas que elaboran os seus pais. Empezaron coa idea en Chile país a onde emigraron e onde traballaron na bolsa e na construción de hospitais.Estaban moi ben situados laboralmente pero volveron sentir a chamada da terra.

A experiencia no exterior externa valeu a pena, e agora emprenden outra nova.Introducir estas lambetadas moi ricas por certo nos fogares galegos, nunha época na que se empezan a valorar os alimentos sen azucre e de orixe vegana.

Na súa volta a Galicia sentíronse apoiados polas cámaras de comercio,o IGAPE, e os programas de apoio os emigrantes retornados.Agora buscan tamén o apoio do mercado.

Noticias web

15/02/2020