CRTVG

Buscar

Gómez-Reino encárase coa policía

Publicado o 28/03/2019 21:19

Este é o momento en que o deputado Antón Gómez-Reino se encara cun policia. O axente pídelle que se identifique e el móstralle o pasaporte, ao tempo que lle pide a un reporteiro que faga unha fotografía. Gómez Reino pregúntalle que problema hai e bótalle en cara que agredisen unha deputada. O policía respóndelle que el non agrediu a ninguén. Nese momento, a deputada Ánxela Rodríguez achégase e sinala o axente dicindo que si foi agredida e sinalándoo coa man. Outro policía afasta a deputada cara a un lado.

Noticias web

28/03/2019