CRTVG

Buscar

Gómez-Reino dá por finalizado o proxecto de En Marea e anuncia a coalición Galicia en Común

Publicado o 17/06/2019 08:22
Gómez-Reino dá por finalizado o proxecto de En Marea e anuncia a coalición Galicia en Común

O secretario xeral de Podemos Galicia, Antón Gómez-Reino, dá por finalizado o proxecto de En Marea e céntrase na nova coalición que se vai presentar despois do verán. A nova confluencia vai ser Galicia en Común, marca que xa utilizaron nas pasadas eleccións xerais.

Nunha entrevista na Cadena Ser Galicia, Gómez-Reino instou o voceiro do grupo parlamentario, Luís Villares, a aceptar a decisión da maioría e aceptar o candidado a senador que tivo máis votos no grupo.

Na nova coalición, Galicia en Común, participaría Podemos, Esquerda Unida, Equo e negocian con Anova.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/06/2019