CRTVG

Buscar

Gómez-Reino: "A austeridade, os recortes e as privatizacións conseguiron erosionar o noso maior valor"

Publicado o 02/04/2020 09:34

Antón Gómez-Reino recibiu a alta médica despois de 19 días e tras contraer o coronavirus. O secretario xeral de Podemos en Galicia superou o virus na casa, como a maioría dos afectados.

"Agora tócame seguir traballando e seguir mantendo a corentena social como toda a sociedade".

"Todos recordamos a crise do 2008. Foi unha crise económica moi profunda. As familias saíron moi prexudicadas e, porén, primáronse os bancos e determinadas elites económicas. Na situación actual o importante é saír sen deixar ninguén atrás".

"Necesitamos un cambio de modelo. A austeridade, os recortes e as privatizacións conseguiron erosionar o noso maior valor como sociedade. Hai que saír desta crise cun reforzo do sector público".

Noticias web

02/04/2020