Gómez Noya sitúase terceiro no Mundial
Javier Gómez Noya sube ao terceiro posto no Mundial de tríatlon trala proba de Montreal, que tivo moito protagonismo español.
O galego non deixa de sorprender coa súa capacidade de adaptación nas diferentes modalidades.
Se en maio viámolo erguerse campión do mundo en longa distancia en Pontevedra, neste mes de xuño foi terceiro nas series mundiais en Leeds en distancia olímpica, e hai tan só unha semana proclamouse subcampión de Europa de medio ironman.
Agora Disposto a loitar polo que sería o seu sexto título nas Series Mundias, onte en Canadá estivo menos cómodo na distancia esprinte, que merma a súa preponderancia.
No ciclismo mantívose nun numeroso grupo de cabeza que diminuiu na carrera a pé, e foi á metade do segmento cando Gómez Noya perdeu o enlace con ese grupo xa liderado por Mario Mola. O balear só sucumbiu nun explosivo final no que se impuxo o belga Geens.
O tamén español Fernando Alarza chegou sexto e é o novo líder da clasificación xeral, superando ao francés Vincent Luis que non competíu en Montreal.
Gómez Noya houbo de conformarse cun noveno posto, que malia todo lle permite ascender chanzos para ir de terceiro no Mundial, cando faltan tres probas por disputar.