Gómez Noya ocupa a segunda posición das series mundiais tras a proba de Hamburgo
Publicado o 08/07/2019 17:32
A proba de Hamburgo deixou a imaxe dunha caída na que estivo involucrado Fernando Alarza. Ese problema apartou a Alarza de pelexar por manter o liderado.
En Hamburgo gañara nos últimos anos Mario Mola. Esta vez quen demostrou un escepcional estado de forma foi o australiano Biertwhistle.
Gómez Noya aguantou co grupo de cabeza ata os ataques finais. E no sprinte pola vitoria impúxose o australiano por diante do francés Vincent Luis. Mola foi cuarto, Gómez Noya oitavo e o vigués Toni Serrat décimo terceiro. Vincent Luis é o líder do mundial despois de seis competicións.