Gómez Noya: "O problema da corentena suspendeu o Europeo"
Publicado o 20/08/2020 21:52
O calendario internacional de tríatlon esmorece, non hai grandes probas previstas. A última esperanza de Gómez Noya de facer unha importante era o Campionato de Europa, que foi cancelado.
O galego non estará esta fin de semana en Pontevedra porque tiña un compromiso co seu equipo francés e competirá no país galo. Tamén competirán alí Mario Mola e outros triatletas de renome internacional. Despois viaxará a Rotterdam para participar na Superliga, cun formato diferente nun evento indoor.