Gómez Noya: "O obxectivo é Toquio, non me vou volver tolo coas Series Mundiais"
Publicado o 20/06/2019 11:29
Javi Gómez Noya leva tres probas das Series Mundiais e é o único que repetiu podio, o último en Leeds, onde acabou terceiro. Pelexar polo título non entraba nos obxectivos da temporada pero os resultados metérono na loita, aínda que el matiza: "O obxectivo é Toquio, non me vou volver tolo coas Series Mundiais".
Antes das Series Mundiais de Montreal e Hamburgo, Gómez Noya disputará este domingo o Europeo de media distancia en Dinamarca. Mais ten os Xogos no horizonte: a gran cita do ano para o triatleta galego é o 16 de agosto, en Toquio, proba test para a clasificación olímpica.