CRTVG

Buscar

Gómez Noya fixa un calendario centrado na curta distancia para Toquio

Publicado o 15/01/2019 14:29

Antes de iniciar esa dura posta a punto o ferrolán disputará en Pontevedra o Campionato do Mundo de Longa Distancia.

No calendario de Javier Gómez Noya para este ano as citas centrais serán as das Series Mundiais, as que decidan o futuro do ferrolán.

"É posible que non faga Abu Dhabi que é a primeira carreira que é esprinte, pero logo as outras tres que son distancia olímpica que son Bermudas, Yokohama e Leeds a intención é estar aí e estar a moi bo nivel", explicaba Gómez Noya.

Esas tres probas serán en abril, maio e xuño. E nesa preparación para os Xogos do 2020, o 15 de agosto Gómez Noya estará no Xapón.

"A proba test de Toquio, que é en agosto, sería unha proba importante tamén para coñecer o circuíto e tratar de vivencialo tamén", asegura o triatleta. Ese será o exame definitivo, a toma de contacto co circuíto olímplico en que en 2020 se pelexará polas medallas.

A curta distancia concentrará todos os seus esforzos neste 2019, con só unha excepción: antes de iniciar esa preparación con vistas aos xogos a primeiros de abril regresará a casa e estará en Pontevedra para o Mundial de Longa Distancia. Tres quilómetros de natación, 113 de bicicleta e 30 a pé para quen non para de poñerse retos na súa carreira.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/01/2019