CRTVG

Buscar

Gómez Noya debutará este ano nun medio ironman en Dubai

Publicado o 11/01/2017 21:40

O triatleta ferrolán adéstrase na actualidade nas instalacións do Club La Santa, en Lanzarote, onde ultima a súa posta a punto para a temporada

Javier Gómez Noya disputará a finais de mes o ironman 70.3 de Dubai, onde buscará a clasificación para o mundial da especialidade, que se disputará en setembro.

O triatleta ferrolán adéstrase na actualidade nas instalacións do Club La Santa, en Lanzarote, onde ultima a súa posta a punto para a temporada. Gómez Noya gañou en 2014 o mundial de 70.3, unha especialidade do tríatlon que consta de 1.900 metros de natación, 90 quilómetros de ciclismo e 21,1 quilómetros de carreira a pé.

Gómez Noya debutará nas Series Mundiais na primeira proba, que se disputará en Abu Dabi na primeira fin de semana de marzo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/01/2017