CRTVG

Buscar

Gómez Noya cae da bici en Edmonton pero poderá estar na Gran Final do Mundial

Publicado o 21/07/2019 12:21

Caída de Javi Gómez Noya no Canadá. Foi na última das cinco voltas ao circuíto de Edmonton. O triatleta galego sufriu queimaduras e algunha pequena ferida sen importancia.

En principio, e segundo Iñaki Arenal, o seleccionador español, a participación de Gómez Noya na Gran Final do Mundial, na última fin de semana de agosto, non corre perigo.

No Canadá gañou Jonathan Brownlee e Mario Mola foi segundo.







 

Noticias web

21/07/2019