Gómez Noya, bronce en Lausana, consegue a súa undécima medalla nun mundial

O francés Vincent Luis proclamouse campión do mundo de tríatlon despois de acabar de quinto a Gran Final do Mundial, disputada na localidade suíza de Lausana, onde se impuxo o noruegués Kristian Blummenfelt, por diante do español Mario Mola, prata no campionato. Outro español, o galego Javier Gómez Noya, que acabou de sexto a carreira, acabou de terceiro no Mundial e logrou a medalla de bronce. En cuarta posición do campionato finalizou outro español, o talaverano Fernando Alarza, que foi o terceiro na Gran Final.
Gómez Noya conseguiu a súa undécima medalla nestes campionatos, mentres que o seu compatriota Mario Mola. O galego, o único pentacampión de toda a historia do tríatlon, gañou o seu primeiro título en 2008 (en Vancouver, Canadá, cando se decidía nunha soa xornada e non en varias, coma agora) e logrou os outros catro ouros en 2010 e entre 2013 e 2015. O astro ferrolán obtivo, ademais da deste sábado, medallas de prata en 2007 (en Hamburgo, Alemaña), 2009, 2012 e 2017; e a de bronce en 2011.