Gómez Noya anima os mozos a comer ben
O triatleta Javier Gómez Noya recomendou hoxe a escolares composteláns que coman ben e que practiquen deporte. Nun acto organizado por Ternera Galega, o cinco veces campeón do mundo lembrou que os produtos de calidade son fundamentais nunha dieta sa.
Gómez Noya reuniuse cos alumnos do instituto Rosalía de Castro para animalos a levar unha vida saudable. O cinco veces campeón do mundo contoulles que el come sobre todo alimentos frescos de calidade e que procura evitar os procesados, aínda que de vez en cando pode facer unha excepción.
"Temos a sorte de vivir en Galicia, unha terra con moi bos produtos, boas verduras, bos legumes, boa carne e bo peixe. Eu creo que unha alimentcion sa e a variada, con alimentos de calidade, pouco procesados e variar", díxolles o tiatleta.
Nunha xornada organizada por Ternera Galega para concenciar os adolescentes da importancia da alimentación, o triatleta ferrolán animounos tamén a facer exercicio.
"O exercicio fisico tamén e importantísimo. Calquera deporte. O que se aprende co deporte en idades temperás a todos os niveis, non só como beneficio físico, é moi imporntante para os rapaces, e eu anímoos a que o practiquen", engadiu.
Gómez Noya lembrou que sempre foi activo e que desde neno fixo moito deporte.