CRTVG

Buscar

Golpean e deixan atado un matrimonio no asalto dunha vivenda en Vilar de Santos

Publicado o 18/12/2019 10:50

Ocorreu no lugar de Mosqueiro, en Vilar de Santos, o luns contra o serán. O matrimonio estaba na vivenda cando escoitaron que alguén petaba na porta. Ao abrir, cinco homes encapuchados irromperon violentamente reclamando os cartos que houbese na casa.

Ataron o home e a muller, e comezaron a remexer a casa, onde ocasionaron moitos estragos, e incluso buscaron nunha nave próxima dunha empresa agrícola da familia.

Levaron uns seiscentos euros e alguhas xoias. Despois fuxiron no coche dun dos traballadores da empresa que estaba aparcado nas proximidades e deixaron o matrimonio atado, logo de estragarlles os teléfonos móbiles e o fixo, e tivo que pedir auxilio a berros.

Foi un veciño que os oíu o que chamou a Garda Civil, que xa iniciou unha investigación. Segundo relataron as vítimas, os asaltantes falaban español, pero con acento estranxeiro. Os dous anciáns recupéranse do susto e das feridas que lles causaron.

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/12/2019