CRTVG

Buscar

Golpea cunha barra de ferro a exparella embarazada en Pontevedra

Publicado o 30/06/2020 13:52

A Policía Local de Pontevedra detivo un home por agredir cunha barra de ferro a súa exparella, que está embarazada. A agresión tivo lugar na rúa Nova de Arriba. Os axentes acudiron ao lugar alertados pola propia vitima.

A muller manifestou que o home, co que xa non convive dende hai tempo, fora á vivenda coa escusa de recoller unhas pertenzas. Cando abriu a porta golpeouna coa barra de ferro na cabeza e nun brazo. O home fuxiu do lugar, pero foi arrestado pouco despois nas inmediacións, acusado dun delito de violencia machista.

Noticias web

30/06/2020