CRTVG

Buscar

O Deportivo gáñalle pola mínima ao Vilalbés no primeiro amigable de pretemporada

Publicado o 29/07/2021 10:31

Onte estreouse o novo Deportivo de Borja Jiménez con vitoria na Madalena ante o Rácing Vilalbés por un tanto a dous.

Os goles foron de Miku e Rafa de Vicente, unha das caras novas deste Dépor 20/21. Por parte do Vilalbés anotou tamén unha das súas fichaxes, Javi Rey, que o ano pasado militou no Viveiro.

Partido con pouca intensidade, característico de pretemporada que serviu para que os futbolistas comecen a adquirir os conceptos tácticos que pretenden os adestrador. E, por suposto, para coller ritmo nas pernas de cara ao comezo da competición.

Noticias web

29/07/2021