CRTVG

Buscar

Un Lugo moi serio derrota o Compostela no Vero Boquete (0-3)

Publicado o 29/07/2021 10:31

O primeiro amigable da pretemporada para a S. D. Compostela, como vén sendo habitual nos últimos veráns, foi contra o C. D. Lugo no Vero Boquete.

Os de Rubén Albés, con moita máis carga e rodaxe nas pernas, foron quen de solventar papeleta sen maior dificultade. Manu Barreiro abriu o marcador practicamente na primeira xogada do partido nunha mala saída de balón do Compos. A partir diso os de Rodri Veiga melloraron pero non foron quen de empatar o partido. Primeiro Edu Campabadal e despois Juanpe en dúas xogadas de centro lateral puxeron o definitivo 0-3 no marcador.

O Lugo amosou moita seriedade defensiva, coma no resto dos partidos de pretempada. Levan só un gol encaixado nos catro amigables de pretempada.

Noticias web

29/07/2021