CRTVG

Buscar

Goleada do Liceo 1-5 na pista do Igualada con tres goles de Dava Torres

Publicado o 13/10/2021 12:31

Na OK Liga gañou o Liceo en Igualada. Os cataláns adiantáronse no marcador cun disparo afastado de Toni Baliu que non logra repeler Carles Grau. Catro minutos despois, chegaba o empate do Liceo por medio de Dava Torres. O segundo do Liceo marcouno Jordi Adroher, o goleador liceísta. Aínda que onte o home gol do Liceo foi Dava Torres: tres goles asinou o capitán liceísta.

Álex Rodríguez marcou o 1 a 4 nunha contra de libro e Dava Torres completaría a goleada. 1 a 5 na pista do Igualada. Dava Torres pasou polo quirófano este verán e está de volta. O próximo obxectivo o Reus este sábado en Riazor.

 

Noticias web

13/10/2021