CRTVG

Buscar

Gobernos central e vasco asinan o traspaso da AP-68

Publicado o 16/04/2019 19:50

As institucións vascas xa teñen a titulariedade de todas as estradas que atravesan Euskadi. O Goberno central formalizou esta tarde a transferencia ao Executivo vasco da que lles faltaba, a AP-63. É froito dunha negociación contra o reloxo para selar o acordo antes das eleccións.

A Comisión Mixta de Transferencias reunida mediante videoconferencia selou o traspaso a Euskadi da AP-63. O acordo entre os gobernos central e autonómico inclúe que o País Vasco resta dous millóns de euros da cota que lle paga cada ano ao Estado. O Goberno de Vitoria está moi satisfeito.

Josu Erkoreka, voceiro do Goberno vasco: "Permite seguir avanzando no obxectivo do cumprimento íntegro do estatuto de Gernika, do autogoberno legalmente recoñecido e en vigor. En segundo lugar, porque vai permitir completar definitivamente o mapa de estradas de Euskadi".

A transferencia deses 77 quilómetros de autoestrada é froito das negociacións contra o reloxo dos últimos días para selar o acordo antes das eleccións porque co executivo central en funcións a súa capacidade decisoria está limitada. Os gobernos español e vasco seguen negociando para intentar pechar antes dos comicios o traspaso doutras tres competencias comprometidas entre Madrid e Vitoria.

 






 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/04/2019