Goberno, Xunta e Concello asinan o convenio para a construción da intermodal da Coruña
Publicado o 25/05/2021 15:12
A estación intermodal da Coruña está máis preto tras a sinatura do convenio para a súa construción. O ministro de Transportes, a conselleira de Infraestruturas, a alcaldesa da cidade e a presidenta de ADIF asinaron o acordo, que supón o impulso definitivo para este proxecto que vai cambiar a mobilidade da Coruña.
As actuacións inclúen a remodelación da actual estación ferroviaria, a construción dunha nova terminal de autobuses e a mellora do contorno urbano. Terá un investimento de 80 millóns de euros e podería estar en servizo en 2023.