CRTVG

Buscar

Facenda desbloquea 330 millóns que debe a Galicia

Publicado o 11/10/2019 23:08

O Goberno desbloquea unha parte dos fondos que lles debe ás comunidades.  A Galicia débelle 700 millóns. O executivo de Sánchez anuncia que pagará 330 millóns. Segue pendente máis da metade. Quedan sen aboar os 370 millóns do IVE e dos incentivos fiscais.

A Xunta di que a débeda non estará satisfeita ata que paguen os 700 millóns e o Goberno considera que este desbloqueo, aínda que sexa parcial, suporá un antes e un despois para as arcas autonómicas

As entregas á conta que o Goberno vai desbloquear suman 4.500 millóns para todas as autonomías. Son cartos que recada o Estado a través de impostos pero que lles corresponden ás comunidades. Están cedidos para financiar competencias autonómicas como Educación ou Sanidade. Pero este ano o Goberno aseguraba que non podía pagar por estar en funcións.

As comunidades levan meses pedindo un mecanismo que permita o pago. O cambio de postura do Goberno chegaba a semana pasada cando Sánchez anunciou o desbloqueo nun mitin en Valencia, unha da comunidades con máis problemas de liquidez.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/10/2019