CRTVG

Buscar

Goberno e sindicatos culpan a Alcoa de bloquear unha alternativa ao peche

Publicado o 09/01/2019 10:37

Industria pide seis meses máis para atopar un posible comprador das factorías | Francisco Conde cualifica de "decepcionante" a reunión e di que o Goberno non propuxo solucións

Máis de cinco horas durou a reunión deste martes entre Alcoa, o Ministerio, a Xunta, o Goberno asturiano e os sindicatos. E non transcenderon grandes avances. Industria pídelle á empresa que atrase máis o ERE para buscar solucións. A ministra acusou a Alcoa de bloquear a situación, algo que negan dende a empresa. Din que seguen dispostos a negociar e non descartarían unha posible oferta polas plantas, pero, de momento, din, non se produciu. Os sindicatos non ven avances e insisten en pedirlle ao Goberno que interveña as dúas factorías.

Horas antes desa reunión, os traballadores de Alcoa concentráronse ante o Ministerio de Industria reclamando máis iniciativa por parte do Goberno na busca de solucións. Foi unha protesta pacífica dunhas mil persoas, pero houbo algún momento de tensión cando a cabeceira intentou romper o cordón policial e chegar ata o departamento de Reyes Maroto. Tamén cortaron o tráfico durante uns minutos na Castellana. 







 

Noticias web

09/01/2019