Goberno e sindicatos asinan o acordo que regulará o teletraballo dos empregados públicos
Publicado o 21/09/2020 19:58
Goberno e sindicatos asinaron hoxe o acordo para regular o teletraballo nas administracións públicas.
O acordo vai dar seguridade xurídica a esta modalidade laboral que non deixou de medrar durante estes meses de emerxencia sanitaria.
O teletraballo terá caracter voluntario. O texto pretende fomentar a admnistración dixital e establece que o traballo a distancia non poderá provocar incumprimentos nos horarios do empregado público.
A ministra de Política Territorial e Función Pública, Carolina Darias, subliñaba a importancia do acordo.