CRTVG

Buscar

Goberno e presidente cualifican como grave o ataque aos xogadores do Sporting de Lisboa

Publicado o 16/05/2018 15:25

O presidente portugués, Marcelo Rebelo de Sousa, cualifica como moi grave o ataque aos xogadores do Sporting de Lisboa por parte de medio cento de afeccionados. O equipo acababa de perder un partido clave para estar na Champions. 

O país está consternado ante este ataque sen sentido que deixou medio equipo do Sporting de Lisboa magoado e o seu adestrador tamén. Despois das primeiras declaracións das vítimas a secretaria de Estado adxunta confirmou que hai 40 persoas identificadas e 20 detidos. Pola súa parte o secretario de Estado do deporte dixo que o que aconteceu foi un acto criminal e vandálico. Dende os medios portugueses anuncian a posibilidade de que os xogadores queiran marchar do equipo poñendo en perigo a viabilidade económica do Sporting de Lisboa. O equipo perdera na Madeira unhas horas antes e con iso a praza na Champions cun prexuízo económico de 20 millóns de euros o que provocou a ira dos seguidores máis radicais.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/05/2018