CRTVG

Buscar

Goberno e PP cargan contra Torra

Publicado o 17/10/2019 20:36

O Goberno avisa a Torra: dentro da lei cabe todo, pero fóra xa sabe o que pasa, velada referencia do ministro do Interior aos anos de cadea que afrontan os líderes do procés. Fernando Grande-Marlaska volvía instar o presidente da Generalitat a condenar a violencia de forma expresa e indubitada e preguntábase de que lado está. Fernando Grande-Marlaska, ministro do Interior en funcións, instaba a Torra a "que decida dunha vez se quere ser presidente dos cataláns, o máis alto representante do Estado en Cataluña, ou quere ser un activista"

Pablo Casado pedía unha reposta firme ante un Torra que quere investigar os Mossos, insta á desobediencia civil e anuncia que vai reincidir nun golpe á legalidade. Pablo Casado, presidente do PP, dicía que "na noite de onte vimos escenas nas rúas de Barcelona que non se poden tolerar nun país occidental da Europa do século XXI. Por iso pedimos a máxima firmeza contra os violentos e tamén máxima firmeza fronte ás administracións que os xustifican ou mesmo os animan"

En Bruxelas, Casado avogou ante Angela Merkel e a futura presidenta da Comisión, Ursula von der Leyen por unha reforma da euroorde que obrigue a extradición automática por delitos de rebelión ou sedición.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/10/2019