Goberno e PP cúlpanse de empregar "os mortos" como argumento político
Goberno e PP acusáronse este mércores de usar "os mortos" por coronavirus como argumento político. A vicepresidenta Carmen Calvo reprochoulles aos populares que antepuxeran este criterio á procura de acordos e os de Casado reprobaron que a homenaxe ás vítimas sexa "en realidade" ao propio Executivo.
As acusacións producíronse nesta pregunta-resposta que protagonizaron no Congreso a vicepresidenta primeira e a portavoz parlamentaria do PP, Cayetana Álvarez de Toledo. Os seus reproches mutuos deixaron en segundo plano o intercambio de apelacións ao consenso e de críticas que unha semana máis se lanzaron ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, e ao líder dos populares.
Sánchez pediulle ao PP que "arrime o ombreiro" e que apoie ao seu Goberno en Bruxelas, en troques de secundar documentos "ignominiosos", críticos coa democracia española. O apoio que demandou o presidente non se encamiñaría só a lograr que o fondo que propón a Comisión Europea, duns 750.000 millóns, chegue nas mellores condicións, senón tamén á implantación da chamada "taxa Google".
Casado mesturou as apelacións ao acordo coas críticas á xestión da pandemia por parte do Goberno. Segundo as súas palabras no hemiciclo do Congreso, o líder do PP cuestionou as medidas económicas de Sánchez porque abocan ao país ao "desastre", especialmente por non ter acordada a prórroga dos ERE nas empresas.
"Vostede -a Sánchez- pide a adhesión incondicional, pero acto seguido rexeita a man tendida...Só se lle pide responsabilidade (en Bruxelas) para as futuras xeracións", dixo Casado. O recurso ás cifras de falecidos por coronavirus, máis de 28.000 de acordo coas achegadas polo Ministerio de Sanidade, proporcionadas á súa vez polas comunidades autónomas, apenas ocupou tempo no enfrontamento dialéctico de Casado e Sánchez.
O presidente referiuse a el: "Conmóvenme as súas palabras, pero despois están os seus actos, como os argumentarios para utilizar os mortos da Covid en contra do Goberno de España".
O suposto uso das cifras de mortes por COVID-19 foi o eixo das intervencións de Carmen Calvo e Álvarez de Toledo. A portavoz dos populares no Congreso asegurou que o acto organizado polo Goberno para o 16 de xullo en Madrid, ao que acudirán o rei e autoridades internacionais, é ante todo "unha homenaxe a si mesmos". Segundo a súa versión, o número de falecementos poida que estea máis preto dos 45.000 a tenor das estimacións dalgúns organismos, así que esa "homenaxe ao enfermo descoñecido" leva camiño de parecerse a un acto "parcial e mutilado", pensado para o "60% das vítimas", dixo.
Na opinión de Álvarez de Toledo, hai un desfasamento de 13.000 mortes, parafraseando ao "doutor -Fernando- Simón", "por aí". "É un abismo moral", afirmou antes de acusar o Goberno de ocultarse tras unha "conveniencia política inhumana".
"Vostede elixiu facer política cos mortos". Detrás desta estratexia de "imputacións constantes" ao Executivo respira, dixo, a negación do propio Executivo.
O secretario xeral do PP, Teodoro García Egea, preguntou ao vicepresidente segundo, Pablo Iglesias e tamén houbo alusións neste cruzamento de declaracións ás cifras de falecidos, pero o número dous dos populares optou por centrar a súa oposición na investigación do "caso Villarejo".
Iglesias pediu ao PP que vaia aos tribunais. O vicepresidente aproveitou outra pregunta, a do portavoz adxunto de Cs, Edmundo Bal, para defender a xestión do Goberno ao longo da pandemia e a pesar de "algunhas cousas mal" que recoñeceu que se puideron cometer. Non foi tan entusiasta cando Sánchez defendeu os gobernos de Felipe González, xa que non aplaudiu as mencións do presidente respecto diso. A figura do ex-presidente sobrevoou polo hemiciclo debido á pregunta do portavoz de ERC, Gabriel Rufián, convencido, segundo manifestou, de que moitos socialistas se avergoñan de quen foi o seu líder durante anos.
A Mesa do Congreso rexeitou onte abrir unha comisión de investigación sobre González e presuntas conexións cos GAL. Sánchez saíu en defensa do seu antecesor. Un dos seus logros, indicou, foi a modernización do sistema público de saúde.
Grande-Marlaska salvará a súa reprobación co apoio de PNV e Podemos
A reprobación do Ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska, non vai prosperar grazas aos nacionalistas A inciativa do PP será votada este xoves. O ministro contará co apoio de PSOE, Unidas Podemos e PNV e coas abstencións de ERC, Bildu e Junts Per Cat. A favor da reprobación votarán o PP, Vox e Ciudadanos. Durante o dabate, ao que non asistiu o ministro, a voceira do grupo popular acusouno de mentir e de traizoar os principios que defendía cando era xuíz.
Ana María Beltrán, voceira do Grupo Popular: "Cambiou a toga polo traxe e os seus principios polos de un presidente que non dudaría en espremelo ata a ultima gota de dignidade con tal de permanecer na Moncloa un día máis" "Hoxe non só defendo a reprobación de Grande-Marlaska, senón que reclamo a súa destitución pola súa actitude contraria a dereito e antidemocrática