CRTVG

Buscar

O Goberno e as comunidades debaten hoxe as medidas para a volta ao colexio

Publicado o 27/08/2020 09:09

• Medidas nas aulas como o uso da máscara, número de alumnos ou controis de temperatura

• Medidas para as familias que teñan fillos en corentena 

Cita clave hoxe para o inicio do curso escolar. Ás dez da mañá reúnense os ministros de Educación e Sanidade cos conselleiros autonómicos, de xeito telemático.

Intentarán consensuar novas medidas para reducir o máximo posible o risco de contaxio nas aulas. A ministra de Educación detallaba algúns dos puntos que estarán sobre a mesa. Por exemplo, a máscara obrigatoria, evitar que haxa nenos con síntomas nas clases con controis de temperatura ou medidas para as familias que non poidan ir traballar por ter os fillos en corentena.

Son cuestións que están no aire poucos días antes de comezar o curso e que lles preocupan aos seus socios de Goberno. Esquerda Unida, liderada polo ministro de Consumo, esixe baixar a ratio. E Pablo Iglesias acusaba a Celaá de falta de liderado. Ela nega o enfrontamento.

O curso comezará con mobilizacións. O Sindicato de Estudantes convocou tres días de folga, a partir do 16 de setembro. Cren que, nestas condicións, a volta ás aulas non é segura.

Noticias web

27/08/2020