CRTVG

Buscar

Goberno e Comunidade de Madrid discrepan sobre como frear os contaxios na capital

Publicado o 26/09/2020 14:16


O consenso escenificado o luns entre Sánchez e Ayuso na loita contra a expansión do virus na Comunidade de Madrid durou pouco.

 

 

 

 

 

 

 

 

O consenso escenificado o luns entre Sánchez e Ayuso na loita contra a expansión do virus na Comunidade de Madrid durou pouco.

O executivo madrileño decidiu ampliar as restricións de mobilidade só a oito zonas sanitarias máis.

Mentres facían o anuncio, o ministro de Sanidade deixaba claro que para eles era insuficiente e que lles recomendaran ir máis aló.

O alcalde de Madrid acusou esta mañá a Illa de cambiar de criterio e de enredar.

O debate de se hai que pechar ou non Madrid tamén está na rúa. Para moitos é a única solución.
Pero hai igualmente preocupación pola economía.
Os cidadáns piden ademais medidas complementarias ao confinamento.
No que coincide a maioría é en lamentar que non se aprendese máis da primeira vaga.

Noticias web

26/09/2020