CRTVG

Buscar

Goberno e axentes sociais acordan unha nova prorroga dos ERTE ata o 28 de febreiro

Publicado o 28/09/2021 08:27

Unha vez máis rozando o prazo límite, pero Goberno, sindicatos e patronal volveron conseguir pactar a prolongación dos ERTE pola covid−19, agora ata febreiro de 2022.

As actuais condicións mantéñense un mes, todo outubro. E a partir de novembro entra en vigor o novo modelo. As exencións oscilarán entre un 40 %, no caso de que as empresas non formen os traballadores en suspensión de emprego, e un 80 % se hai formación, que deberá estar coordinada co Servizo Público de Emprego. Os sindicatos felicitábanse polo acordo.

E os empresarios, que en principio non daban o acordo por pechado, votaron a favor na reunión do Comité Executivo celebrada esta noite tras conseguir estender tamén as prestacións para os autónomos afectados pola pandemia. 

A ministra de Traballo cualificou de novo fito este pacto para prorrogar os ERTE. Di que seguen protexendo os traballadores para saír da crise máis iguais e con máis dereitos. O acordo inclúe tamén uns ERTE específicos para as empresas da Palma afectadas polo volcán. 

Noticias web

28/09/2021