CRTVG

Buscar

Goberno e axentes sociais inician o día 16 de setembro a negociación dos ERTE

Publicado o 10/09/2021 14:58

A vicepresidenta segunda do Goberno e ministra de Traballo di que prioriza o acordo cos axentes sociais antes que as cantidades en que debe subir o salario mínimo, pero critica que a patronal non queira negociar. Yolanda Díaz si agarda un acordo inmediato para a prórroga dos ERTE, que comeza a negociarse esta semana.

Yolanda Díaz, vicepresidenta segunda do Goberno e Ministra de Traballo: "Quero mandar unha mensaxe de tranquilidade: vai haber prórroga dos ERTE para as empresas e os traballadores que o necesiten. Imos convocar a mesa o 16 de setembro".

Comisións Obreiras di que os ERTE foron un instrumento de éxito e pide o seu mantemento ata que remate o ano ou máis alá se se manteñen algunhas restricións á actividade económica. O secretario xeral do sindicato, Unai Sordo, tamén se referiu á negociación do salario mínimo e di que a pelota está no tellado de Pedro Sánchez "A negociación no dá máis de si. Tócalle ao Goberno definirse. Pedro Sánchez falou de suba inminente do SMI, polo tanto a pelota está no seu tellado. Se o Goberno quere un acordo cos sindicatos, ese acordo é posible sempre e cando a garantía do SMI de 1.000 euros para o 1 de xaneiro de 2022 sexa nítida por parte do Goberno", explicou Sordo. 


 

Noticias web

10/09/2021