CRTVG

Buscar

Goberno e axentes sociais comezan a negociación para prorrogar os ERTE

Publicado o 16/09/2021 08:26
Goberno e axentes sociais comezan a negociación para prorrogar os ERTE

O Goberno e os axentes sociais comezan hoxe a negociación das condicións que van rexer os expedientes de regulación temporal de emprego, ERTE, asociados á pandemia, a partir de outubro. O plan actual de cobertura, que afecta uns 270.000 traballadores sen actividade como consecuencia das restricións polo coronavirus, acaba o día 30. A negociación da que será sexta prórroga empeza este mediodía nunha xuntanza dos representantes do Goberno, dos sindicatos e dos empresarios no Ministerio de Traballo.

A vicepresidenta segunda do Goberno e ministra de Traballo e Economía Social Yolanda Díaz garantiu que os ERTE se manterán para aqueles sectores que aínda o necesiten. "Que empresas e traballadores estean tranquilos", dixo hai uns días ao ser preguntada pola extensión deste instrumento. CCOO, UXT, CEOE e CEPYME coinciden en que os ERTE deberían prorrogarse polo menos ata finais de ano.

Noticias web

16/09/2021