A Revista
Givenchy propón un inverno en branco e negro
Publicado o 06/03/2018 12:50
Non deixamos de falar de moda, porque en París estamos vendo as propostas dunha das 'Fashion Week' con máis atractivo de todo o circuíto internacional.
Entre os grandes clásicos franceses está Givenchy, que no seu desfile se volveu cara ao lado máis escuro. Despois dun ano á fronte da marca, a proposta de Clare Waight Keller para o vindeiro inverno é unha colección cunha paleta de cores apagadas que contrasta con grandes abrigos e vestidos que resplandecen. Givenchy pinta o inverno dunha combinación gañadora, a do branco e negro, en botíns, vestidos, abrigos de pel e bolsos.