CRTVG

Buscar

George Floyd alertaría ata 20 veces de que non podía respirar

Publicado o 10/07/2020 08:38

Difundiuse unha nova que lle engade dramatismo ao xa coñecido do asasinato do afroamericano George Floyd a mans de policías estadounidenses.
A vítima alertou unhas vinte veces os axentes que o mataron de que non podía respirar.
Isto é o que recolle a transcrición policial que sae da cámara corporal de Thomas Lane, un dos catro policías imputados. A defensa dese axente traballa para que arquiven os cargos na súa contra ao sinalar como acusado principal a Derek Chauvin. Ata agora os últimos minutos da vida de George Floy coñecíanse grazas aos vídeos que gravaron transeúntes ese 25 de maio en Minneápolis.

Noticias web

10/07/2020