CRTVG

Buscar

O Celta fai historia e xogará por primeira vez unha semifinais da Liga Europa

Publicado o 21/04/2017 10:30

O empate a 1-1 ante o Genk máis o 3-2 na ida valeulle ao Celta para pasar á historia clasificándose por primeira vez para as semifinais dunha competición europea

Felicidade do celtismo, felicidade do equipo, un salto cualitativo, a primeira vez que xogará unhas semifinais de competición europea. O empate a un tanto co conxunto belga incrementa a ilusión do celtismo.

Na chegada á Lavacolla a expedición do Celta aterrou en Compostela ás catro desta mañá. E alí concentráronse numerosos afeccionados para aplaudir a xesta do conxunto que prepara Eduardo Berizzo, para felicitalos.

A dimensión histórica do que había en xogo en Genk condicionou boa parte do primeiro tempo do partido. Control e aproximacións mornas a área rival como esta lanzada por Trossard dende a esquerda e rematada coa cabezada de Samatta. O Celta devolve o golpe cunha parábola feiticeira de Pione Sisto que buscaba a escadra da portería de Ryan. Mágoa que o balón acaba tomando posición polo lado exterior da madeira. A tres minutos do descanso Berizzo perde a Guidetti e Beauveu entra no campo dándolle un plus de pegada aos celestes como queda demostrado nesta acrobática primeira chegada a gol do francés nada máis pisar a herba. Tralo descanso eran os belgas quenes abrían o repertorio de xogadas buscando claramente gol con Trossard como ariete con mando na praza. Beauveu resposta de inmediato probando a Ryan nun retrouso das súas habilidades para entrar veloz e directo a pisar área e bater duro no coiro. O partido navegaba con vento calmo para os intereses celestes até que Pione sisto rouba un balón no medio campo entre medias dun exercito de belgas e pon a directa ao balcón da área, alí conecta un durísimo lanzamento que colle a traxcetoria xusta para superar ao porteiro local e bicar a rede. A eliminatoria poñíase exquisita para os de Berizzo mais, outra volta un erro defensivo, con Cabral deixando ceibo o balón para o control de Trossard. O xogador belga destapa toda a súa clase e escóndelle o esférico a Sergio. Tocaba sufrir e o Celta, cun 'master' nesta Europa League en cuestión de aguantes, toca o ceo do fútbol europeo e métese nas semifinais.

Galería de imaxes

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/04/2017