CRTVG

Buscar

Gómez-Reino pide unha mellora na xestión de residuos

Publicado o 16/04/2019 22:29

Esta tarde, o candidato de En Común Unidas Podemos pola Coruña reuniuse cos empregados en folga de Sogama diante do vertedoiro de Lestas. Antón Gómez-Reino apoiou as reivindicacións dos traballadores e reclamou unha mellora na xestión dos residuos para evitar, segundo dixo, que a comarca de Compostela se converta no depósito de lixo de Europa

Na localidade de Nalda, entre bandeiras republicanas e da Rioxa, Pablo Iglesias apostou por que as políticas sociais consigan revitalizar o medio rural.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/04/2019