Gavi, de perder co Dépor a final da Copa de España xuvenil a ir convocado coa selección
Luis de la Fuente convocou aos galegos Nico González e Sergio Carreira na sub-21
Convocatoria de Luis Enrique para a Liga das Nacións da próxima semana. Segue Eric García e entra Gavi, que xogou douscentos minutos co Barcelona. Non hai xogadores do Celta.
Unha lista cos porteiros da Eurocopa, coa incorporación de Marcos Alonso, o lateral do Chelsea, en defensa, o mencionado Gavi para o centro do campo e para a dianteira a novidade é o canario Jeremy Pino, o futbolista do Vilarreal.
España mídese o próximo mércores a Italia nunha das semifinais do torneo. Na outra semifinal Bélxica-Francia.
Na Sub-21, o seleccionador Luis de la Fuente convocou aos galegos Nico González (Barça) e Sergio Carreira (Mirandés) para os partidos de clasificación para o Europeo de 2023.