CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Serán

Gastronomía e Comunicación 2.0 reúnen na Coruña 200 especialistas de sectores relacionados co turismo

Publicado o 28/04/2016 20:53

A gastronomía está de moda e iso tamén beneficia a alimentación, grandes marcas, hostalería, hoteis e ao turismo en xeral. Douscentos especialistas analizan hoxe e mañá na Coruña, no congreso 'EcomGastro', sinerxias entre sectores, e como avanzar na comunicación, que pasa sobre todo, por estar nas redes.

Innovar na gastronomía e comunicalo aos consumidores innovando nas comunicacións. A gastronomía está de moda pero para seguir de moda hai que estar, sobre todo, en Internet. O titular a desgustar en 'EcomGastro'.

"Trátase de aplicar as novas tecnoloxías, a comunicación 2.0. Agora en Galicia sabemos que a gastronomía é un dos principais motores do noso turismo. Temos polo tanto que innovar e coordinar proxectos locais, públicos, privados, do sector... Para conseguir ofertas turísticas máis orixinais para o turista 2.0", di Carme Ferndández do Clúster do Turismo de Galicia.

"Que a xente que traballa nestes campos ten que saber que non se trata de estar ou non has redes. Simplemente hai que estar. E iso é plataforma para amosarnos ao mundo pero tamén nos deixa expostos ao mundo. Hai que saber o que se di ou se amosa por aí de nós, nas redes", di Marta Guimaraes, coordinadora de EcomGastro.

Gastrónomos, restauradores, xente da alimentación ou das grandes marcas, da hostalería e de hoteis... Con especialistas en mercadotecnia, en reputación en liña, nas redes sociais, e blogueiros, youtubers, e expertos en comunicación 2.0.

Amantes da gastronomía e os que saben que dela poden reportar beneficios económicos, profesionais, estudantes, afeccionados... Reúnense na Coruña, no marco deste congreso EcomGastro, de Gastronomía e Comunicación 2.0.

"Eu teño o blogue 'Recetas de rechupete', xa temos un millón de seguedores. Gústalle á xente que facemos cociña en liña na rede, para xente que comeza, que quere aprender a cociñar e cousiñas tradicionais", di o galego Alfonso López, o blogueiro de 'Recetas de Rechupete'.

"Case todo o mundo xa me coñece coma Loleta. Teño un blogue de cociña e viaxes e tamén un programa no 'Canal Cocina'. No meu blogue empecei con dúas seguidoras, miña nai e miña filla. Agora teño 175.000 visitas. A xente moza o que quere é só o que ve nas redes e quere imputs só audiovisual e que sexan moi breves. Pero tamén é certo que a quen lle gusta moito unha cousa, coma a gastronomía, goza cos programas televisivos de cociña. Poden e deben convivir as dúas cousas", conta Lola Bernabé, a blogueira de Loleta.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí