Gaspar Llamazares di que seguirá na política despois de deixar os cargos en IU
Publicado o 22/01/2019 15:16
Gaspar Llamazares renuncia a liderar a candidatura de Esquerda Unida en Asturias e deixa o seu escano no Parlamento autonómico. Faino por discrepancias coa dirección federal, á que acusa de emprender na súa contra unha caza de bruxas. Vaise da primeira liña do partido para emprender outro proxecto político. "Non digo adeus, digo ata pronto. Vou continuar na política con esa obsesión de reconstruír e de mobilizar o electorado da esquerda. Que lle falta á esquerda? Eu creo que lle falta unha esquerda seria, amable, construtiva e que teña unha idea de España", declarou Llamazares nunha rolda de prensa.