Garderías gratuítas para o segundo fillo e os seguintes desde o 1 de abril
Publicado o 14/02/2020 14:07
A Xunta destinará 14 millóns de euros a sufragar a gratuidade das escolas infantís. As beneficiarias destas axudas serán todas as familias galegas con algún fillo menor de tres anos que non sexa o primoxénito. A do próximo mes de marzo será a última cota que aboen do seu peto.
Nos próximos días publicarase a orde que regulará a extensión da gratuidade dos centros públicos da Xunta ás garderías privadas ou baixo a xestión de iniciativas sociais. Non será preciso que os beneficiarios fagan nada.
A partir do próximo curso, a gratuidade das escolas infantís estenderase por lei tamén ás garderías de titularidade municipal. Desde a Xunta animan os concellos a poñer en marcha esta medida canto antes.