CRTVG

Buscar

García Egea acusa o Goberno de actuar "baixo o ditado de Bildu, Junqueras e Puigdemont"

Publicado o 26/09/2021 20:47

O secretario xeral do PP reivindica o proxecto do seu partido como alternativa a un Goberno que, segundo dixo, "perdeu a credibilidade cos españois". Teodoro García Egea acusa a Pedro Sánchez de actuar ao ditado de Bildu, Junqueras e Puigdemont.

"A España real non quere nin máis palabras bonitas nin máis mentiras (...). É algo sorprendente, non son os orzamentos xerais do Estado é o ditado do que está tomando nota Pedro Sánchez mentres Junqueras, Puigdemont e os de Bildu falan e lle din as súas necesidades. É un ditado ao servizo dos de sempre, unha chantaxe en toda regra e ao final os que pagan o pato son os españois leais", asegurou.

 

Noticias web

26/09/2021