CRTVG

Buscar

Gandoy e Adri Castro, positivos por coronavirus no Deportivo

Publicado o 28/12/2020 15:43

Tamén volveu esta mañá aos adestramentos o Deportivo da Coruña e tamén con positivos por coronavirus. Dous canteiráns, Iago Gandoy e Adrián Castro, están contaxiados de covid-19 e deberán permanecer un mínimo de dez días en corentena.

O próximo compromiso do equipo será o partido de Copa do Rei, o mércores 6 de xaneiro, ante o Alavés.

 

Noticias web

28/12/2020