CRTVG

Buscar

Gandeiros de Triacastela e Pedrafita denuncian os estragos provocados por unha praga de ratas

Publicado o 07/11/2019 15:24

Chega o inverno e hai que gardar o gando, pero estes prados de Triacastela hai tempo que están impracticables. Os gandeiros denuncian que as zonas altas están invadidas por unha praga de ratas que levantan o terreo e onde debería haber herba só hai terra. Non poden pastorear e apenas teñen forraxes das que botar man.

Dende Unións Agrarias sinalan que xa lle trasladaron este problema a Medio Ambiente e urxen solucións. Temen que ademais dos danos directos os gandeiros poidan perder axudas da PAC por non ter os prados en boas condicións.

Agora sinalan que esta praga se comeza a estender a outros concellos lindeiros como Folgoso do Courel, Samos ou Cervantes.

Noticias web

07/11/2019