CRTVG

Buscar

Ganas de verán en Galicia despois dun mes de tempo inestable

Publicado o 28/06/2019 18:57

Despois dun mes de xuño revolto e inestable, é hora de coller o parasol e a hamaca e abrir, por fin, a temporada de praia. Algúns bañistas din que "a neta levaba días preguntando cando poderiamos ir á praia, e aquí estamos" e "a auga está un pouco fría, pero estupenda"

Esta fin de semana haberá unha notable diferenza de temperatura entre as Rías Altas e as Baixas. En todo caso, tempo para gozar de paseos ao aire libre, dos deportes náuticos; en definitiva, do verán Algúns opinan que "xa fai falta que veña o verán. A ver se en xullo podemos ir á praia"


En contraste coas temperaturas da costa están as do interior, sobre todo en Ourense, onde os termómetros van pasar con facilidade dos 30 graos. Pero mentres o resto de España non pode conciliar o sono con noites caribeñas, aquí temos algunhas case invernais. Houbo mínimas dun grao en Calvos de Randín, pero agora xa manda a calor.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/06/2019