CRTVG

Buscar

Gaña peso a opción dunha volta ao colexio semipresencial

Publicado o 21/08/2020 08:53

Na maioría das comunidades colle peso a opción dunha volta ás aulas mixta, cunha parte presencial e outra a distancia, sobre para os cursos a partir da ESO.

Pero tamén hai territorios, como Murcia, que avanzan que tampouco os alumnos de primaria nin sequera de infantil teñen garantida a asistencia ás clases todos os días.

A maioría dos protocolos aínda non están pechados. Como en Madrid, que o presentan o martes. E teñen un problema adicional: os profesores madrileños convocaron folga para o principio de curso.

Comisións Obreiras mesmo recorreu contra o protocolo ante a xustiza, e non descartan estender a protesta a máis territorios.

Por exemplo, en Cataluña tamén esixen cambios. Entre outras medidas, a Generalitat prevé un inicio de curso con máscara, como en Galicia. No seu caso, para todos os alumnos a partir dos 10 anos.

Noticias web

21/08/2020