CRTVG

Buscar

Galletas con sabor a integración para o Día da Nai

Publicado o 21/04/2021 20:52

Tras o éxito de vendas no Día do Pai, as Mariñas volven ao mercado e prometen se un bo agasallo para o Día da Nai. Os usuarios deste centro de Axuda ao Enfermo Mental A Mariña, en Cervo, son os encargados de elaboralas baixo a atenta mirada de Lola Rouco, unha viveirense que traballou con chefs de pretixio como Martín Berasategui. 

A elaboración destas galletas forma parte do proxecto Cociñeiros da Saúde Mental, e, polo que se ve, non se lles dá nada mal facer doces.

Logo destas vendas para celebracións especiais, en diversos establecementos de toda a Mariña luguesa, o obxectivo é manter unha produción continua.

 

Noticias web

21/04/2021