CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía FDS

Galiza Sempre avoga por un concerto económico para Galicia

Publicado o 11/03/2017 14:41
A Fundación Galiza Sempre, vinculada ao BNG debate sobre financiamento autonómico nunha xornada que se celebra hoxe en Santiago.

O seu presidente, Francisco Jorquera, di que o obxectivo deste encontro é promover o debate e a análise nun asunto, o financiamento, que considera prioritario para "lograr un autogoberno real".
Jorquera mantén que o actual modelo crea unha relación de dependecia do estado e prexudica a Galicia.

A fundacion Galiza Sempre avoga por un concerto económico similar ao do País Vasco e Navarra.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí