CRTVG

Buscar

'Galiciafutura', a exposición que mestura arte, tecnoloxía e pensamento

Publicado o 31/05/2021 14:39
'Galiciafutura', a exposición que mestura arte, tecnoloxía e pensamento

Imaxinar como vai ser a Galicia do futuro é a idea central da exposición que se presentou esta mañá na Cidade da Cultura de Santiago e que pecha a triloxía de grandes mostras internacionais do Xacobeo 2021-2022. O acto estivo presidido polo conselleiro de Educación, Cultura e Universidade Román Rodríguez. Tamén estiveron entre outros, a catedrática de Telecomunicacións da Universidade de Vigo, Edita Lorenzo, e representantes do mundo artístico como o director de cine Oliver Laxe. A finalidade é convidar o público a imaxinar o porvir de Galicia da man dalgúns dos nosos persoeiros máis creativos, cunha mestura de arte, tecnoloxía e pensamento.

Noticias web

31/05/2021