CRTVG

Buscar

Galicia convértese na primeira produtora de carne de coello de España

Publicado o 03/04/2019 20:21

Galicia xa é a maior produtora de carne de coello de España. Nas granxas galegas prodúcese case a cuarta parte de todo o país.

Nas preto de 260 granxas de coellos que hai en Galicia críanse un millón de animais ao ano, co que a nosa comunidade supera xa a Cataluña como principal produtora. Con todo, unha das principais preocupacións do sector é o baixo consumo, que de momento está en menos dun quilo e medio por persoa ao ano. Insisten en que se trata dunha carne moi saudable, e estudan fórmulas para ofrecerlla ao consumidor de maneira que sexa máis fácil preparala.

A comezos deste ano, Galicia superou a Cataluña como principal produtora de carne de coello en España. En total hai 257 granxas, onde se cría un millón de animais e que producen o 24% do total da carne cunícola española. No entanto, o consumo aínda é baixo, situándose en menos dun quilo e medio por persoa e ano. Para incrementalo, os profesionais do sector apostan polas campañas publicitarias e pola posibilidade de ofrecer os coellos despezados, de xeito que a súa preparación sexa máis sinxela.

Queremos potenciar o consumo tanto na hostalería como nos colexios e hospitais, pois é unha carne moi saudable.

O prezo do coello en orixe sitúase nun euro e oitenta céntimos. Ata hai catro anos completábanse os ingresos coa venda da pel, pero o peche do mercado chinés puxo fin a esa opción.


 

Noticias web

03/04/2019